jueves, 16 de mayo de 2013

Luz Fandiño

Nesta entrada vou falar da tráxica historia dunha das moitas persoas que  a dictadura fíxolle pasar unha parte tráxica na súa vida, é Luz Fandiño.
Luz Fandiño é unha muller atea, antifranquista e unha eterna loitadora . Cando ela era pequena vivía na súa casa coa súa irmá, a súa nai que refuxiaba a dous homes que estaban perseguidos pola guerra civil.
A súa nai morreu con 37 anos de fame . Luz Fandiño contou nunha entrevista que o sufrimento era tan grande que cando os estadounidenses lanzaran contra Xapón as bombas de Hiroshima e de Nagasaki a súa nai dixo "porque non caen aquí as bombas e así acabase todo este sufrimento".
En 1966 emigrou a cidade Argentina de Bos Aires con 21 anos de idade.Foi a vivir a casa das suas primas e non puidos envíar diñeiro durante os 5 primeros anos a súa familia . Luz contou que Argentina tiña unha concepción da muller como en España , eran vistas como fulanas.
Tras 12 anos en Argentina Luz vaise cara a Francia .En Francia di que a situación da muller era mellor que en España e Argentina pero aínda asi non era boa de todo.
En 1979 cando levaba en Francia 15 anos e medio e conseguiu dereitos como o de ter a seguridade social volveu cara a súa terra e so deronlle 150000 para volver, foi a súa única riqueza.
Hoxe en día luz Fandiño é poeta, activista galeguista e feminista, é a alma de todas as manifestacións e protestas en Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario