viernes, 17 de mayo de 2013

Buque Mar Cantábrico


Unha das entradas tiña que ser dun acontecemento que ocorreu na miña casa. Non sabía de que facela e pregunteille a miña nai onde fusilabanse as persoas en Ferrol durante a guerra civil. E díxome que no castelo de San Felipe, a continuación busquei información e atopei a historia do buque Mar Cantábrico

En 1937 o cruceiro Canarias, xa en mans franquistas, interceptou fronte á costa de Santander ao buque mercante Mar Cantábrico, con 60 persoas a bordo e un importante cargamento de víveres, armas e municións, máis varios avións desmontados, para os exércitos republicanos. Trasladado a Ferrol, a metade da tripulación foi fusilada.





 








O navío pertencía a unha armadora vasca e foi requisado pola II República tras o levantamento de Franco. En Nova York e México cargou víveres, roupa infantil e armamento. Zarpou rumbo a España, simulando a súa derrota, nome e bandeira, pero a Mariña franquista logrou descifrar as mensaxes enviadas polo ministro Indalecio Prieto ao lendakari Aguirre.
 A sorte dos tripulantes e demais persoas embarcadas do Mar Cantábrico foi desigual. Así, a única muller,Socorro Barbarena , 19 anos, de Veracruz, casada cun camareiro do buque, permaneceu retida no Hospital de Mariña de Esteiro onde coincidiu con Esther Casares, a filla de Casares Quiroga detida e retida en Ferrol durante moito tempo, como moeda de cambio contra o seu pai, o ministro republicano. Socorro foi expulsada logo a Portugal. O seu marido Eugenio Llorens Caballero, valenciano de 38 anos anos, non correu a mesma sorte. Foi executado, o 8 de xullo do 1937.Os consellos de guerra do Mar Cantábrico e execucións foron aos poucos días de entrar en Ferrol. As execucións facíanse en punta de martelo no castelo de San Felipe
 



 



 A fosa común onde están enterrados os seus tripulantes encontrase en San Mateo.










No hay comentarios:

Publicar un comentario