sábado, 18 de mayo de 2013

A cultura galega na dictadura

Cando estaba pensando en que facer esta última entrada non se me ocurria nada, pero cando vin o libro de lingua galenga no meu escritorio acordeime das graves repercusións que  tivo o franquismo sobre a cultura galega.
A dictadura Franquista supuso un gran retraso para a cultura galega, menospreciouse todo o conseguidon a principios do século XX. Este periodo denominase metafóricamente como "longa noite de pedra" facendo alusión ao libro de poemas publicado en 1962 por Celso Emilio Ferreiro no que da a coñecer as súas disconformidades con las ideas políticas , culturales e linguisticas que se tiñan na época.
 
A década dos 40 estivo caracterizada por un total silenciamento e  represión dos usos públicos do idioma, pero a partir dos 50 comenza un renacemento do idioma en gran medida debido a creacíon da editoriarl Galaxia.
 A aparición de entidades asociativas como O Galo e O Facho nos anos 60, xunto coa institucionalización en 1963 do 17 de maio como Día dás Letras Galegas, axudaron a revitalizar os usos culturais da lingua, acentuándose esta dinamización lingüística na década dos 70, onde, coincidindo coa etapa máis aberta do réxime, o galego chega a ter certa presenza no ensino e nos medios de comunicación.

Durante a dictadura produciuse unha castelanización de galicia.Nestes anos dous terzos dos habitantes de Galicia vivían en entidades de poboación de menos de dous mil habitantes, o que favorecía o galego debido ao seu maior grao de conservación nas zonas rurais. A continua castelanización global da sociedade, unha das principais características sociolingüísticas destes anos, explícase en boa medida polo relativo crecemento urbano, a expansión das clases medias vinculadas ao sector servizos, a continua xeneralización do ensino e a aparición dos grandes medios de comunicación.A todo isto, contribuíu fortemente que factores como o prestixio ou o ascenso social se relacionasen directamente co uso do castelán.
Mentres o galeguismo intentase recuperar fora das nosas fronteiras con escritores como Luis Seoane , Castelao, Eduardo Blanco Amor.... Principalmente en Buenos Aires e en Montevideo.

viernes, 17 de mayo de 2013

Buque Mar Cantábrico


Unha das entradas tiña que ser dun acontecemento que ocorreu na miña casa. Non sabía de que facela e pregunteille a miña nai onde fusilabanse as persoas en Ferrol durante a guerra civil. E díxome que no castelo de San Felipe, a continuación busquei información e atopei a historia do buque Mar Cantábrico

En 1937 o cruceiro Canarias, xa en mans franquistas, interceptou fronte á costa de Santander ao buque mercante Mar Cantábrico, con 60 persoas a bordo e un importante cargamento de víveres, armas e municións, máis varios avións desmontados, para os exércitos republicanos. Trasladado a Ferrol, a metade da tripulación foi fusilada.





 








O navío pertencía a unha armadora vasca e foi requisado pola II República tras o levantamento de Franco. En Nova York e México cargou víveres, roupa infantil e armamento. Zarpou rumbo a España, simulando a súa derrota, nome e bandeira, pero a Mariña franquista logrou descifrar as mensaxes enviadas polo ministro Indalecio Prieto ao lendakari Aguirre.
 A sorte dos tripulantes e demais persoas embarcadas do Mar Cantábrico foi desigual. Así, a única muller,Socorro Barbarena , 19 anos, de Veracruz, casada cun camareiro do buque, permaneceu retida no Hospital de Mariña de Esteiro onde coincidiu con Esther Casares, a filla de Casares Quiroga detida e retida en Ferrol durante moito tempo, como moeda de cambio contra o seu pai, o ministro republicano. Socorro foi expulsada logo a Portugal. O seu marido Eugenio Llorens Caballero, valenciano de 38 anos anos, non correu a mesma sorte. Foi executado, o 8 de xullo do 1937.Os consellos de guerra do Mar Cantábrico e execucións foron aos poucos días de entrar en Ferrol. As execucións facíanse en punta de martelo no castelo de San Felipe
 



 



 A fosa común onde están enterrados os seus tripulantes encontrase en San Mateo.










Mario de Langullo

Nesta entrada vou falar dun dos guerrilleiros que máis tempo estivo agochado no monte en Galicia ,trata da historia dun dos maquis máis famosos en Galicia, é Mario Rodriguez Losada, que resistiu durante 32 anos nas serras de Ourense.




 

 Mario Rodriguez Losada máis coñecido como "Mario de Langullo" naceu en San Pedro (Manzaneda),en 1913 con quince anos emigrou a Bilbao na busqueda dunha vida mellor. Alí traballou de peón. Retornou a Lugo en 1935.
Ao producirse a sublevación fascista tivo que fuxir cara o monte para salvar a súa vida.
Participou partida creada na primaveira de 1941 , con bases na serra de Queija . A súa zona de actuación estaba encuadrada en El Bollo,La Gudina , Verín e Castro Caldelas. Esta partida é unha das máis activas que hubo por esa rexión. Mario Rodriguez e os seus compañeiros cometeron moitas brutalidades innecesarias según o que di a xente. Entre esas brutalidades está o asesinato do cura Cesures ao que o acusaban de de delatar a paseados pola Falange. A este parroco cortoulle a cabeza un dos seus compañeiros, Bernardino García.
A consolidación do rexime dictatorial faría cada vez máis dificil a acción guerrilleira, que abandonou nos anos 50, para pasar a clandestinidade e despois fuxir a francia en 1968.
Regresou a Galicia en 1979. Faleeceu en 1986 en seadur , larouco.

jueves, 16 de mayo de 2013

Luz Fandiño

Nesta entrada vou falar da tráxica historia dunha das moitas persoas que  a dictadura fíxolle pasar unha parte tráxica na súa vida, é Luz Fandiño.
Luz Fandiño é unha muller atea, antifranquista e unha eterna loitadora . Cando ela era pequena vivía na súa casa coa súa irmá, a súa nai que refuxiaba a dous homes que estaban perseguidos pola guerra civil.
A súa nai morreu con 37 anos de fame . Luz Fandiño contou nunha entrevista que o sufrimento era tan grande que cando os estadounidenses lanzaran contra Xapón as bombas de Hiroshima e de Nagasaki a súa nai dixo "porque non caen aquí as bombas e así acabase todo este sufrimento".
En 1966 emigrou a cidade Argentina de Bos Aires con 21 anos de idade.Foi a vivir a casa das suas primas e non puidos envíar diñeiro durante os 5 primeros anos a súa familia . Luz contou que Argentina tiña unha concepción da muller como en España , eran vistas como fulanas.
Tras 12 anos en Argentina Luz vaise cara a Francia .En Francia di que a situación da muller era mellor que en España e Argentina pero aínda asi non era boa de todo.
En 1979 cando levaba en Francia 15 anos e medio e conseguiu dereitos como o de ter a seguridade social volveu cara a súa terra e so deronlle 150000 para volver, foi a súa única riqueza.
Hoxe en día luz Fandiño é poeta, activista galeguista e feminista, é a alma de todas as manifestacións e protestas en Compostela.