sábado, 6 de abril de 2013

Os castros galegos

Neste tipo de casas vivíamos os galegos antes:

Son os castros galegos que foron os primeiros poboados fortificados da península ibérica e a súa formación se enmarca en un proceso de igualdade social e por tanto da superación das desigualdades que beneficiaban as élites.
Os castros eran asentamentos con cabanas agrupadas e rodeados de muros e foxos para a defensa. Estaban situados sobre outeiros estratéxicos. Estes poboados fortificados foron construídos durante a  Idade do Ferro e veñen ser as primeiras construcións coñecidas de habitación permanente en Galicia.
Existen en Galicia máis de 2000 castros .
Os castros non son exclusivos do Noroeste peninsular, xa que existen en toda Europa. Pero o que si é certo é que os castos do Noroeste teñen unha singularidade, ao presentar caracerísticas propias que os diferenzan dos poboados de grupos culturais veciños.




 









A cultura castrexa desenvolveuse durante un periodo de case mil anos, pasando por diversas fases con cambios máis ou menos profundos:
MOMENTO INICIAL:
Entre os séculos IX-VIII ata século V a.C., con castros de pequeno tamaño, con formas curvas e de doada defensa. Iníciase a fundición do ferro.
APOXEO:
Século IV a.C. - s. II a.C. Aumento do tamaño e número de castros, aumento demográfico, produción e intercambio, importancia da actividade bélica. A xoiería, a escultura xeométrica, a cerámica estampillada e a arquitectura en pedra son elementos característicos desta etapa.
FINAL:
Concentración da poboación nuns poucos castros, edificacións de caracter familiar, construcións cadradas ou rectangulares, cubertas con tella. A partir do s. I d.C. dáse por finalizada a cultura castrexa, moitos castros son abandonados pero algúns perduraron ata as invasións dos visigodos ano 585.










O entroido en verín

Como non ía  a falar nas entradas de algún dos entroidos que posúe Galicia que son únicos .
Dende que sou pequeno vou case todos os anos a casa dos meus tíos a Ourense e vamos a ver o entroido de Verín que para min é a mellor festa que posúe Galicia.

É esta unha festa na que os ritos e as cerimonias mestúranse: ponse máscaras, comer do porco degustar todo tipo de produtos relacionados coa matanza; chourizos, carne e outros, botar fariña, queimar os Entroidos, o Meco, cambiar o carácter durante uns dias... Nestes días podense facer cousas  que non o están o resto do ano e que ata parecerían de mal gusto, é pois o Entroido, en definitiva, o revés do mundo, a contradición da vida cotiá e a procura do investimento total dos valores.  Búscase un equilibrio no exceso fronte ao desequilibrio que supón o respecto á penitencia cuaresmal.
A crítica social, a parodia, o grotesco, o burlesco, son modos de ridiculizar os feitos da vida cotiá, os oficios, os cargos públicos, os cortexos relixiosos, a guerra, a xustiza, a vida dos veciños e outras manifestacións de tipo social ou profesional. Os ritos do Entroido, a vestimenta, os devanditos e feitos improvisados confírenlle tamén a certas máscaras un carácter teatral.
A literatura vese representada nas coplas e cancións populares deste tempo, alcanzando o verdadeiro carácter creativo que ten o seu máis alto reflexo na confección dos "Testamentos" e "Entremeses" 
É en esencia, a propia representación do paganismo fronte ao Cristianismo.

 






O Camiño de Santiago






Todo comenzou cando no ano 812 encontraronse os supostos restos do apostol Santiago.E a partir deo ano 912 comenzaron a chegar peregrinos de toda Europa a o conocido como Campus Stellae.
Existen unha gran cantidade de diferentes rutas aínda que a maioría dos peregrinos chegan polo chamado camiño francés.




File:Ruta del Camino de Santiago Frances.svg















Os peregrinos saen dende distintos lugares e ao longo do camiño poden encontrarse paisaxes como estos:






 
                                       

 
Todos os peregrinos acaban en santiago:

 



 



 Algún día gustaríame facer este camiño xa que non o fixen na miña vida.

Sargadelos




Probablemente moita xente posúa na súas casas unha de estas:

Son as cerámoicas de Sargadelos que é elaborada no municipio Lucense de Cervo.
Foi creada por Antoño Raimundo Ibañez e a primeira fábrica abriu no século XIX e pechou no 1875.

Logo creouse en 1806 a fabrica de cerámica e supuxo unha nova maneira de producir introducindo o proceso mecánico que venía a substituir a peza a man .
e a pintura a man foi substituida por estempación importada desde bristol.



 A fábrica de cerámica pasou por catro etapas, cada unha coas súas características, pechándose definitivamente en 1875. No último terzo do século XX rexurdiu a manufactura de cerámica en Sargadelos, ocupando edificios novos e respectando as ruínas antigas como conxunto Histórico-Artístico, nomeamento que lle foi dado en 1972.

Hoxe en día posúe unha grande cantidade de tendas por todo galicia.