martes, 23 de octubre de 2012

21 Outubro

No pasado día 21 de outubro celebráronse as eleccións en Galicia.
O candidato do PP Alberto Núñez Feijóo repetiu maioría absoluta e consolidouse con 41 escaños, 3 máis que o ano pasado.Todo un éxito para o PP.
En cambio estas eleccións foron un fracaso para a esquerda xa que o seu partido máis poderoso,o PSOE con Pachi Vázquez como representante sufriu un gran desplome xa que perdeu respecto as eleccións pasadas 7 escaños.
O terceiro partido foi o de Xosé Manuel Beiras, o AGE que conseguiu  9 escaños , todo un éxito para eles xa que o partido creouse hai moi pouco tempo.
Fracaso do BNG xa que perde a terceira plaza.
Estas eleccións caracterizáronse principalmente pola escasa participación xa que so houbo unha participación do 60%. Isto non pode ser porque hai que loitar polo futuro de cada un e se non votas estas sendo manipulado polos demais xa que non estas expresando as túas ideas e estas sometido as dos outros, aínda que sexa hai que votar en branco xa que se non se vota o voto vai para o partido que máis escaños teña.

domingo, 21 de octubre de 2012

Pode que Galicia non sexa a comunidade máis rica, nin a máis soleada, pero e a miña terra e por iso a quero.
Galicia é única, en todos e cada un dos seus aspectos. É unha comunidade coñecida en toda España, pola calidade da sua comida, a beleza das súas paisaxes e a hospitalidade dos seus habitantes.
En todo o país coñecese o sabor do seu marisco: as necoras, as zamburiñas e os percebes fan que os turistas poñanse vermellos de envexa mentras degustan un bo Alvariño.
.

Respeto da súa paisaxe, hai pouco que decir, xa que a sua beleza da súa costa, poblada de cantís e prais preciosas distinguena do resto de comunidades autónomas.









 Galicia tamén é terra de tradicións tales como o Samaín, populares en moitos pobos como por exemplo Cedeira.
Unha cousa que tamén caracteriza Galicia é a súa historia, xa que a sido protagonista de moitos dos feitos máis importantes de España.
É por toda esta diversidade de factores polo que eu amo a miña terra e estou orgulloso de ser galego.