sábado, 6 de abril de 2013

Os castros galegos

Neste tipo de casas vivíamos os galegos antes:

Son os castros galegos que foron os primeiros poboados fortificados da península ibérica e a súa formación se enmarca en un proceso de igualdade social e por tanto da superación das desigualdades que beneficiaban as élites.
Os castros eran asentamentos con cabanas agrupadas e rodeados de muros e foxos para a defensa. Estaban situados sobre outeiros estratéxicos. Estes poboados fortificados foron construídos durante a  Idade do Ferro e veñen ser as primeiras construcións coñecidas de habitación permanente en Galicia.
Existen en Galicia máis de 2000 castros .
Os castros non son exclusivos do Noroeste peninsular, xa que existen en toda Europa. Pero o que si é certo é que os castos do Noroeste teñen unha singularidade, ao presentar caracerísticas propias que os diferenzan dos poboados de grupos culturais veciños.




 









A cultura castrexa desenvolveuse durante un periodo de case mil anos, pasando por diversas fases con cambios máis ou menos profundos:
MOMENTO INICIAL:
Entre os séculos IX-VIII ata século V a.C., con castros de pequeno tamaño, con formas curvas e de doada defensa. Iníciase a fundición do ferro.
APOXEO:
Século IV a.C. - s. II a.C. Aumento do tamaño e número de castros, aumento demográfico, produción e intercambio, importancia da actividade bélica. A xoiería, a escultura xeométrica, a cerámica estampillada e a arquitectura en pedra son elementos característicos desta etapa.
FINAL:
Concentración da poboación nuns poucos castros, edificacións de caracter familiar, construcións cadradas ou rectangulares, cubertas con tella. A partir do s. I d.C. dáse por finalizada a cultura castrexa, moitos castros son abandonados pero algúns perduraron ata as invasións dos visigodos ano 585.










No hay comentarios:

Publicar un comentario