domingo, 3 de marzo de 2013

As rías galegas





Cando unha persoa vai viaxar a Galicia ten esta imaxe na cabeza das nosas rías:







Ría de Muros e Noia



Ría de Ferrol
Ría de Vigo

 Esa é a imaxe que ofrecen como publicidade as axencias de viaxes . Son fotos que foron sacadas xa fai moito tempo porque actualmente a realidade é moi diferente. 

Actualmente as rías galegas soportan  864 puntos de vertedura, dos cales en case a metade dos casos, un total de 453, se detectou a existencia de contaminación.

 O 57% dos puntos de vertedura esconden augas residuais urbanas sen depurar que rematan no dominio público por deficiencias nas redes de saneamento, verteduras puntuais de alivios das redes, conexións erróneas en redes separativas ou carencias de sistemas de saneamento ou de depuración.

Outra parte das verteduras son de orixe industrial, concretamente o 12%, e neste caso son a ría de Arousa a máis grande e a que conta cun maior desenvolvemento conservero e a ría de Vigo, as que concentran esta problemática.

As persoas que visitan Galicia lévanse un chasco porque esta é a verdadeira imaxe da situación das nosas rías :




Podense encontrar toda clase de residuos incluso carros da compra!


 Se seguimos destrozando a nosa paisaxe que vai ser de Galicia?


 

O feismo de Vigo

Vigo era nos anos 20  unha fermosa cidade atlántica, unha pequena cidade duns 30000 habitantes  caracterizada pola pedra pura. As canteiras da veciña Porriño subministraban un granito de calidade co que se construíron os edificios nobres do centro.




Vigo nos anos 20





 Neses anos todos os intentos por dar a luz un plan de ordenación urbana eran abortados. Estaba claro xa que o crecemento de poboación necesitaba uns principios reitores que permitisen o desenvolvemento harmónico do tecido urbano. Finalmente o concello encarga a Antonio Palacios un Plan de Ensanche. O arquitecto galego xa víñao pensando dende había anos. Trátase do coñecido como Plan Palacios, un proxecto espectacular, utópico, irrealizable, con grandes avenidas protexidas por fáusticas obras de enxeñaría e arquitectura.
 http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/10/07/00031254904048622912856.html

 A guerra cortou de raíz o proxecto. Non só iso, senón que Vigo coñeceu a súa Apocalipse. Durante vinte anos deuse liberdade total para destruír e  socavar. Ata que nos sesenta, coa famosa política de desenvolvemento franquista, o réxime ofreceu a súa alternativa: cemento, cemento e cemento nun modelo de cidade por encaixe. O lema de entón, aínda hoxe vixente,foi tapiar vigo para que non se vera o mar.  
Vigo en la actualidad

Feísmo en ferrol






 Cando recorro Ferrol doume conta da cantidade de exemplos de feísmo que hai nesta cidade .
O primeiro exemplo é o da praza de España:

Praza de España fai 10 anos



Praza de España actual




 Non estaba mellor antes?


Outro gran exemplo é a construccion do porto exterior que o seu recheo é contaminante para o medio ambiente.


Puerto exterior






E se das un paseo polo porto de Ferrol e miras cara a mugardos vese Reganosa:




Esta central é un peligro onde está ubicada e é moi contaminante para a nosa ría que é outro exemplo de feismo pola súa contaminación xa que en ela podeste encontrar toda clase de obxectos.








Urbanización de galicia



 "Galicia xa non é como a recordo " diran hoxe os nosos avós. Nestes anos en galicia estase a levar un intenso plan de urbanización que destroza as nosas paisaxes.

O municipio de Gondomar ten, segundo o padrón de 2005, unha poboación de 12.685 habitantes. A súa cercanía a Vigo e un prezo do chan máis barato que as turísticas localidades veciñas de Baiona e Nigrán,provocaron a partir de 2002 unha avalancha de construción de vivendas. En cinco anos creouse un millar de pisos e disparouse o prezo do metro cadrado. Algúns cálculos apuntan a que só o 15% do construído está ocupado.
Este afán polo ladrillo choca frontalmente coa situación urbanística do municipio. 





 








Este non é o único exemplo de urbanismo en  Galicia xa que en miño prevíase a construcción de 700 vivendas no monte Piñeiro fronte á marisma de Baxoi, o proxecto aínda non se abandonou definitivamente.






Aquí deixo unha foto da evolución de viveiro nos ultimos anos:






 Se isto segue así Galicia perderá toda a súa natureza e convertirase en unha cidade como calquera outra.