sábado, 6 de abril de 2013

O entroido en verín

Como non ía  a falar nas entradas de algún dos entroidos que posúe Galicia que son únicos .
Dende que sou pequeno vou case todos os anos a casa dos meus tíos a Ourense e vamos a ver o entroido de Verín que para min é a mellor festa que posúe Galicia.

É esta unha festa na que os ritos e as cerimonias mestúranse: ponse máscaras, comer do porco degustar todo tipo de produtos relacionados coa matanza; chourizos, carne e outros, botar fariña, queimar os Entroidos, o Meco, cambiar o carácter durante uns dias... Nestes días podense facer cousas  que non o están o resto do ano e que ata parecerían de mal gusto, é pois o Entroido, en definitiva, o revés do mundo, a contradición da vida cotiá e a procura do investimento total dos valores.  Búscase un equilibrio no exceso fronte ao desequilibrio que supón o respecto á penitencia cuaresmal.
A crítica social, a parodia, o grotesco, o burlesco, son modos de ridiculizar os feitos da vida cotiá, os oficios, os cargos públicos, os cortexos relixiosos, a guerra, a xustiza, a vida dos veciños e outras manifestacións de tipo social ou profesional. Os ritos do Entroido, a vestimenta, os devanditos e feitos improvisados confírenlle tamén a certas máscaras un carácter teatral.
A literatura vese representada nas coplas e cancións populares deste tempo, alcanzando o verdadeiro carácter creativo que ten o seu máis alto reflexo na confección dos "Testamentos" e "Entremeses" 
É en esencia, a propia representación do paganismo fronte ao Cristianismo.

 






No hay comentarios:

Publicar un comentario