domingo, 27 de enero de 2013

A GRAN GUERRA IRMANDIÑA

A Gran Guerra Irmandiña foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia entre os anos 1467 e 1469.

Un dos desencadeantes da guerra foi a situacion de conflicto social que se vivía en galicia a causa do abuso da nobraza galega, a fame causada polas malas colleitas ,  e as epidemias como a da peste. O outro gran desencadeante foi a situación de crise politica causada pola guerra civil en castela.

A principios de 1467, a Irmandade estaba xa organizada e implantada no seu papel de ordenamento e xustiza. Unha testemuña da implantación e integración na Irmandade de varios sinalados nobres galegos é a demanda que, en febreiro de 1467, presenta teresa de Zuñiga, condesa de Santa Marta, ante dous representantes da hermandad general  , que se comprometeran a proceder contra os querelados Sancho López de Ulloa, Diego de Andrade e Pedro Pardo de Cela.Na  demanda tamén se indica que esta integración se estendera non só ós nobres das súas fortificacións, senón tamén ós seus vasalos.

Nesta revolta participaron persoas de todas as clases sociais.

Nos principios da primavera chegou a revolta xeral, cando as Xuntas das Irmandades, organizadas en tódalas comarcas galegas, lanzaron a consigna contra fortalezas xa que eran o simbolo do acoso señorial.As columnas irmandiñas coa forza do seu número e o auxilio de trabucos, bombardas e outras armas, acabaron rendendo a gran maioría dos castelos e fortificacións galegas­.






Os irmandiños derrumbaron sobre 169 fortificacións pero ainda así foron derrotados polos señores feudales xa que posuían mellores armas e trala derrota irmandiña os seus lideres foron arrestados e asesinados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario