domingo, 2 de diciembre de 2012

O entroido

O entroido é outra das festas de orixe celta e é unha festa que quere significar a volta ó mundo do revesa subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles , As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.
-O entroido en galicia:
Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos.

Os Cigarróns que son personaxes enmascarados e adornadoss Pantallas que amolan ós viandantes con dúas vexigas cheas de aire os distintos Peliqueiros personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres.

-A comida:
Dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a cachucha, a bica, as orellas a androlla ou tamén os doces, os chourizos, o lacón ou o caldo que son consumidos en masa e son ideais para estas datas do inverno

No hay comentarios:

Publicar un comentario