jueves, 31 de enero de 2013

A ría é nosa e non de reganosa!

Un día estaba dando unha volta cos amigos e vin unha manifestación fronte ao ayuntamiento , era para quitar a regasificadora de reganosa da nosa ría.


 Reganosa é unha planta regasificadora de Gas Natural Licuado, GNL, situada en Mugardos, ao fondo da ría de Ferrol. Os buques de GNL han de facer un percorrido pola ría de cinco km ata Mugardos, pero en toda a ría só 150 metros de ancho teñen calado abondo para este tipo de buques. A entrada só pode realizarse a unha hora determinada da preamar e con mar e vento en calma. O barco é conducido, de modo case acrobático, por catro remolcadores, dous tiran do gasero pola proa cara ao interior da ría e outros dous na popa tiran en sentido contrario para reter e servir de leme ao barco impedindo que se atravese ou encalle. Estes barcos teñen unha manga de 50 metros e a normativa esixe que a canle navegable ten de ter de ancho, como mínimo, cinco veces a manga, é dicir, 250 metros, mentres que a sinuosa ría de Ferrol só ten 150 m como máis arriba se di.

Cando unha actividade, como é a instalación e situación dunha regasificadora, se formula como negocio e o seu fin primordial só é o negocio, a confrontación cos intereses sociais xorde de inmediato. E non se trata de estar de acordo ou de opoñerse a determinadas tecnoloxías, nin a determinadas fontes de enerxía, senón ao procedemento e aos medios utilizados que afectan, sen miramentos, ao conxunto da sociedade (A conveniencia da regasificadora sería outro tema non menos discutible).

As medidas de seguridade e o respecto ás leis relacionadas con este tipo de actividades tan perigosas quedan subordinadas ao negocio do gas. A complicidade necesaria e directa dos poderes públicos: municipal, autonómico e do goberno central, e a do resto dos poderes, é máis que evidente. O mesmo que a dos partidos políticos PP, PSOE e BNG que, como neste caso, ten un protagonismo clamoroso. Todos eles se sitúan con e ao lado do poder económico e fronte a decenas de organizacións de cidadáns.


O pobo revelouse e convocou unha gran manifestación no centro de ferrol de máis de 5.000 persoas.
 Centenares de personas reclaman la retirada de Reganosa de la ría en la manifestación convocada por el Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de FerrolCentenares de personas reclaman la retirada de Reganosa de la ría en la manifestación convocada por el Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de FerrolCentenares de personas reclaman la retirada de Reganosa de la ría en la manifestación convocada por el Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de FerrolCentenares de personas reclaman la retirada de Reganosa de la ría en la manifestación convocada por el Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

No hay comentarios:

Publicar un comentario