domingo, 3 de marzo de 2013

O feismo de Vigo

Vigo era nos anos 20  unha fermosa cidade atlántica, unha pequena cidade duns 30000 habitantes  caracterizada pola pedra pura. As canteiras da veciña Porriño subministraban un granito de calidade co que se construíron os edificios nobres do centro.




Vigo nos anos 20





 Neses anos todos os intentos por dar a luz un plan de ordenación urbana eran abortados. Estaba claro xa que o crecemento de poboación necesitaba uns principios reitores que permitisen o desenvolvemento harmónico do tecido urbano. Finalmente o concello encarga a Antonio Palacios un Plan de Ensanche. O arquitecto galego xa víñao pensando dende había anos. Trátase do coñecido como Plan Palacios, un proxecto espectacular, utópico, irrealizable, con grandes avenidas protexidas por fáusticas obras de enxeñaría e arquitectura.
 http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/10/07/00031254904048622912856.html

 A guerra cortou de raíz o proxecto. Non só iso, senón que Vigo coñeceu a súa Apocalipse. Durante vinte anos deuse liberdade total para destruír e  socavar. Ata que nos sesenta, coa famosa política de desenvolvemento franquista, o réxime ofreceu a súa alternativa: cemento, cemento e cemento nun modelo de cidade por encaixe. O lema de entón, aínda hoxe vixente,foi tapiar vigo para que non se vera o mar.  
Vigo en la actualidad

No hay comentarios:

Publicar un comentario