domingo, 3 de marzo de 2013

As rías galegas





Cando unha persoa vai viaxar a Galicia ten esta imaxe na cabeza das nosas rías:







Ría de Muros e Noia



Ría de Ferrol
Ría de Vigo

 Esa é a imaxe que ofrecen como publicidade as axencias de viaxes . Son fotos que foron sacadas xa fai moito tempo porque actualmente a realidade é moi diferente. 

Actualmente as rías galegas soportan  864 puntos de vertedura, dos cales en case a metade dos casos, un total de 453, se detectou a existencia de contaminación.

 O 57% dos puntos de vertedura esconden augas residuais urbanas sen depurar que rematan no dominio público por deficiencias nas redes de saneamento, verteduras puntuais de alivios das redes, conexións erróneas en redes separativas ou carencias de sistemas de saneamento ou de depuración.

Outra parte das verteduras son de orixe industrial, concretamente o 12%, e neste caso son a ría de Arousa a máis grande e a que conta cun maior desenvolvemento conservero e a ría de Vigo, as que concentran esta problemática.

As persoas que visitan Galicia lévanse un chasco porque esta é a verdadeira imaxe da situación das nosas rías :




Podense encontrar toda clase de residuos incluso carros da compra!


 Se seguimos destrozando a nosa paisaxe que vai ser de Galicia?


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario